Categorías
Galego

23.Adianto do adianto

healing 0,40,0″>
En Febreiro publicase un maxisingle coma adianto do LP que sairá este 2011.
O maxi trae 2 temas novos, “Que nos leve pra diante” e “O cobrador do frac”,
tamén inclue dous remexos, unha instrumental e unha pista de batalla.
O primeiro foi remesturado por Kaze e o segundo por Mou.
Iremosvos presentando as diferentes pistas durante o próximo mes.
No lateral da web podedes ver a lista de concertos onde se vai ir presentar
os novos temas. E cada semana iremos posteando os concertos da mesma
cas súas horas de empece.
De aperitivo, unha simulación do que seria pinchar na casa “O Cobrador do Frac”,
tema que só poderedes desfrutar no formato vinilo, xa que non vai ser incluida
na versión mp3 do maxi. Un mimo pra as amantes do vinilo, un pequeno segredo
pra as vosas agullas.