Aviso legal

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal’) que OSCILADOR PARAGÜEIRO pon a disposición dos usuarios de internet.

Asociación OSCILADOR PARAGÜEIRO, (osciladorparagueiro@gmail.com ) é a titular do dominio de segundo nivel “malandromeda.com” (en adiante o Portal) e dos distintos elementos nel incluídos.

OSCILADOR PARAGÜEIRO non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

OSCILADOR PARAGÜEIRO non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

OSCILADOR PARAGÜEIRO resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Autoría e licenza de uso

Os contidos do Portal están liberados baixo licenza Creative Commons BY-NC-SA 4.0. Pode ampliar máis información na seguinte ligazón ou no sitio web oficial de Creative Commons

.

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente por OSCILADOR PARAGÜEIRO, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

En cumprimento do disposto na citada Lei Orgánica 15/1999, o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente se determine.